O pasado xoves viñeron á aula uns educadores medioambientais do Concello da Coruña para aclararnos moitas dúbidas que tiñamos e explicarnos máis en profundidade como podemos facer para coidar o noso planeta.
Empezaron contándonos que facer cos residuos que xeramos, que de media son uns 1,4 kg por persoa ao día.
Tamén nos desmontaron lendas que circulan entre a xente para xustificarse de non reciclar como, por exemplo, que se xuntan todos os residuos nas fábricas, que a empresa fai diñeiro coa venta dos residuos que nós reciclamos...entre outras.
Algunhas imaxes foron de moito impacto. Vimos o antigo vertedoiro de Bens, explicáronnos como e por que se selou converténdose nun parque, falamos do continente de plástico...
En xeral, déronnos estratexias para REDUCIR, REUTILIZAR E, FINALMENTE, RECICLAR moitos dos produtos que consumimos a diario.
Para rematar as dúas sesións propuxéronnos un xogo no que tiñamos que clasificar os distintos tipos de residuos nos colectores correspondentes : orgánico, inorgánico, vidro, cartón ou punto limpo.
Onde se tira o cueiro? |
LEMBRADE! As bombillas van ao PUNTO LIMPO! Ao igual que mobiliario de gran tamaño, electrodomésticos...
Tiñamos que chamar ao 010 para saber que día pasaba o PUNTO LIMPO MÓVIL e así evitar crear PUNTOS DE LIXO na rúa!
Tiñamos que chamar ao 010 para saber que día pasaba o PUNTO LIMPO MÓVIL e así evitar crear PUNTOS DE LIXO na rúa!
Marchamos! Todo listo para ver in situ o que pasa co lixo que xeramos!
Vestímonos para poder entrar na planta. Non puidemos sacar fotos dentro dela porque non estaba permitido, pero vimos cousas que fixeron "mella" dentro de nós! A cheirume era soportable, pero moi desagradable! Dende logo, hai que plantexarse todas as barbaridades que estamos a facer! :(
Dende a escola, podemos colaborar e, por iso, este curso apostamos pola educación responsable, tratando de que reflexionemos con cada unha das nosas actuacións diarias e facéndonos responsables dos nosos propios actos.
Muy completa y necesaria la actividad!! se nota que disfrutaron y aprendieron (ahora está mucho más atento a lo que se hace con los residuos). Enhorabuena por la iniciativa. Cris
ResponderEliminarGracias Cris :)
ResponderEliminar