Este curso comezamos un proxecto novo chamado LIMPIAMUNDOS. Consiste na creación dunha empresa que promove os bos hábitos en favor da natureza e da conservación do planeta.
Para iso, traballamos co resto do alumnado da escola fomentando as 3R (reducir, reutilizar e reciclar), a moderación do consumo da auga, o coidado das plantas e, en xeral, o respeto polo medio ambiente.
Levamos xa un mes traballando a fondo no tema. As primeiras semanas de curso, ao remate do recreo, vixiábamos que o patio quedase limpo á volta ás aulas. Unha semana pesamos o lixo e atopámonos coa sorpresa de ter recollido 3kg de basura. Asusta verdade?
Obviamente, tamén aproveitamos para pesarnos :)
A semana pasada, en equipos, elaboramos unhas enquisas para averiguar os motivos polos cales a xente non coida a natureza, consume máis auga do habitual, tira o lixo ao chan, non recicla, entre outras. Cada equipo centrouse no tema que máis lle interesaba e agora só falta comparalas coas dos outros cursos para saber cal é a que vamos a pasar por todas as aulas.
Como vedes, sempre buscamos actividades que teñan unha finalidade real.
Dende esta semana, somos padriños e madriñas do alumnado de 2ºB, polo que cada día unha das Patrullas Verdes (peques e maiores) é a encargada de vixiar que todo o patio quede recollido, vendo así se funciona a campaña de concienciación ou non.
Tamén nos tocou esta semana, en colaboración cos nosos afillados, a elaboración de carteis.
Para iso, as dúas aulas contamos cunha experta nai en publicidade para explicarnos como había que facelos. Só puido ir Noa e Pandora tomar notas á charla para logo explicarnos aos demais como tiñamos que facelos. Aprendemos moito, a que sí?
Ao día seguinte, xuntamos as dúas aulas e comezamos coa creación.
Para finalizar, fixemos unha posta en común para ver os acertos e erros dos carteis, e así decidir cal podería ser o indicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario