domingo, 15 de octubre de 2017

MINDFULNESS

O curso pasado, dentro do Proxecto Red-Educa, impartimos un taller chamado MindFulness. 
Pouco coñecíamos ata daquela sobre esta técnica así que decidimos levar a cabo un seminario para poder formarnos sobre ela. 

No mundo hiperesixente e frenético que nos rodea, é necesario pararse uns segundos a pensar o que está pasando, relaxarnos e centrarnos simplemente nos nosos pensamentos e sentimentos. Trátase de apreciar o presente e esquecer as présas.

Numerosos estudos demostran que axuda a reducir o estrés, a ansiedade e combate a depresión.

Na aula estamos traballando co libro "Tranquilos y atentos como una rana", que trae un CD con meditacións guiadas para nenos entre 5 e 12 anos. Son meditacións que duran entre 4 -10 minutos e que nos axudan a entrar en calma logo do recreo. 


Só levamos dúas sesións, pero dende o primeiro día xa puiden ir observando quen é capaz de concentrarse e relaxarse e quen ten máis dificultade ou a risa máis floxa.

Dende aquí quero felicitarvos a todos por ese "esforzo" que facedes por estar atentos e tranquilos como unha ra :)










No hay comentarios:

Publicar un comentario