Arrancamos novo curso e, como xa vos fun dicindo, este vai a ser o voso blog durante este ano! Nel irei colgando as fotos de todo o que facemos na aula para que así vexades como participades e traballades no voso día a día!
Comezamos cun tema de ciencias da natureza sobre os seres vivos. Neste caso, as plantas.
Trátase de que, ao mesmo tempo que adquirades contidos, fomentedes actitudes de respeto e tolerancia hacia elas e de que coñezades o entorno no que vivimos. Entender a importancia das plantas axudaramos a crear un mundo mellor e, sobre todo, unha civilización xusta e equilibrada.
Como xa falaremos na reunión inicial de curso que será o próximo 9 de outubro ás 17h na aula de Música, loito por unha aprendizaxe activa e cooperativa, con métodos motivadores onde vos sodes os protagonistas, sempre impulsando o método ciéntifico e o espíritu crítico.
Sen máis, déixovos as fotos da primeira sesión da proposta didáctica. Primeiro realizamos unha choiva de ideas para saber de onde partir e, a continuación, explicamos as características e diferencias da célula vexetal coa animal.
Unha vez vista a teoría, debuxamos en equipo, a nosa célula xigante e os seus orgánulos.
Na segunda sesión reforzamos o aprendido realizando unha práctica de observación das células da cebola e do tomate. Para iso, trouxéstedes con toda a ilusión, os vosos propios microscopios.
Para finalizar, xa que o tempo pasa voando, debuxamos e describimos o que vimos no noso caderno.
O próximo día realizaremos unha asamblea para ver a que conclusións chegou cada un.
Unha aperta forte e ata mañá rapaces :)
Hola, soy Paula Bellas. Me parece una idea genial tu blog. :)))
ResponderEliminarGracias Paula :)
ResponderEliminarAlégrome que che guste!