Como xa sabedes, comezamos a nosa viaxe rumbo a Costa Rica, pero non foi tan sinxelo como parecía, xa que como propiamente di o título...foi toda unha odisea arrancar!!! Para ese día contamos coa axuda de Paula, a nai de Martiño, que nos veu explicar as nocións básicas de enfermería: como se poñen as vacinas, que é o que levan, para que serve o suero, etc.
Representamos a saída da casa con moito teatro e finalmente conseguimos chegar ao aeroporto para mercar os billetes :)
Aquí vos deixo as fotos para que vos imaxinedes o show que montamos.
 |
| A profe Ali decidiu arrancarlle a pel ao muslo do polo para ensinarnos que é o que o que temos debaixo dela: músculo, tendóns, osos, veas... |
 |
| Parecía fácil pero...o polo resistíase! |
 |
| Todo o material que trouxo Paula |
 |
| Paula facéndolle a maniobra de Heimlich a Magalí |
 |
| Explicándonos como se pon o suero e para que serve! |
Xa estamos preparados para a nosa viaxe accidentada! Sorte rapaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario