O pasado venres celebramos o magosto despois do recreo. E como cada ano, non podiamos faltar á hora de comer un produto tan característico de aquí: a castaña. A algúns de vosoutros non vos gustan, pero houbo algún outro que incluso repetiu e repetiu...! :)
Na clase fixemos uns "cucuruchos" e todo listo para ir divertirnos un pouco!
Cambiando un pouco de tema, quería ensinarvos o bonita que está quedando a aula dos Minions :)
O rincón da biblioteca xa ten algo de forma grazas a moitos de vós, que traedes libros que nos axudan á hora de ampliar información (emocións, corpo humano...) e enterarnos así de máis datos e anécdotas curiosas.
Seguimos a traballar no noso proxecto catastrófico. Esta semana construímos por equipos unha localidade, vendo así as diferenzas entre un pobo e unha cidade, os distintos servizos que temos en cada un deles...e, tamén, as señais de tráfico! Pareceunos boa idea contar coa policía e cos servizos de emerxencia, polo que hoxe preparamos unhas preguntas para facerlles mañá e converternos por un día en verdadeiros periodistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario