viernes, 11 de septiembre de 2020

BENVIDOS BURBULLA ATÓMICA

Benqueridos rapaces,

Comezamos curso con moitas gañas e ilusión...polo menos eu :)

A partir de agora irei subindo aquí as fotos que vaia realizando na clase ou nas saídas que poidamos realizar.

Na barra lateral dereita tedes a AXENDA DE TAREFAS, para ver o que temos pendente por facer en caso de ausencia á clase. Simplemente tedes que "CLICKAR" encima dela e abrirase o CALENDARIO (Google Calendar).

Outro recurso que podedes usar e ver as veces que queirades son os vídeos explicativos sobre TÉCNICAS DE ESTUDO (na banda dereita)

E, por último, MIMO tamén ten sorpresa! Ten gardado na súa imaxe un vídeo sobre como facer correctamente un MAPA MENTAL.

Ánimo burbulla que ARRANCAMOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario