A pasada semana comezamos cos experimentos. A primeira dúbida que nos xurdiu era por que algunhas cousas flotan e outras non?
Como somos verdadeiros exploradores do mundo xa nos deramos de conta de que así era, pero tiñamos que formular a hipótese axeitada.
Algunhas destas foron:
- Si pesa pouco, entón as cousas flotan.
- Si as cousas son de plástico, entón flotan.
- En función da súa densidade...pero...que é a densidade?
Realizamos o experimento calculando a masa dos distintos obxectos (cada grupo tiña a súa báscula) e tamén o seu volume. Realizamos unha táboa de doble entrada para ir rexistrando os datos obtidos e así ir descartando algunhas teorías ata chegar á acertada.
A solución sábena eles, e vós?
SOLUCIÓN: Algunhas cousas flotan porque...
No hay comentarios:
Publicar un comentario