Bo día rapaces!
Durante os próximos dous anos este será o voso blogue de aula. Aula de Mimo vai converterse no voso diario de aula e tamén nunha fonte de recursos que poderedes empregar sempre que queirades.
Déixovos unha fotiño da semana pasado durante o momento de relaxación (Mindfulness).

QUE É MINDFULNESS?
Mindfulness é unha filosofía de vida que abarca a meditación. Nos empregámola para romper cos momentos de máis excitación para poder pasar á seguinte actividade. Básicamente trátase de estar atento durante uns minutos ao momento no que nos atopamos, controlar a respiración, o movemento, os pensamentos e as emocións. Hai numerosos estudos clínicos que corroboran a súa axuda para a diminución do estrés, a ansiedade e a depresión.
Dende fai uns anos emprego o libro "Tranquilos y atentos como una rana". Resulta moi práctico porque trae un CD con audios para realizar as meditacións c@s nen@s.
Cada día realizan a práctica mellor e están deseando chegar á aula para escoitar á ranita.
Tamén funciona cos adultos :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario