Bo día rapaces!
Hoxe déixovos as fotos da saída a Cecebre para que fagades lembranza de todo o que vimos. A pesar de que o tempo non nos acompañou, pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo da nosa contorna.
Ás 9 da mañá, as monitoras do Concello, Marta e Nati, viñeron a explicarnos á aula en que consistía a saída: a onde iamos, a flora e fauna do encoro, o respeto polo medio ambiente, etc.
Dixéronnos que o encoro de Cecebre tiña forma de V e que estaba formado polos ríos Mero e Barcés. Foi construído no ano 1975 para abastecer de auga a cidade de A Coruña, Oleiros, O Burgo, Betanzos, Cambre... Trátase dun lugar protexido, denominado dende o ano 2006 como Lugar de Importancia Comunitaria.
¡TODOS ATENTOS!
Sobre as 10h xa estabamos en marcha. Como dixen, o tempo non era moi bo pero a alegría que non falte :)
A primeira parada fixémola en San Pedro de Crendes. Para chegar alí pasamos por encima da presa e vimos a cantidade de auga que, despois de dous meses chovendo, temos reservada! Boa falta facía despois da sequía na que estivemos ata o mes de Novembro!
Logo diso, fomos ata unha aula da natureza onde nos puxeron un vídeo sobre o encoro de Cecebre e a súa fauna e flora. Fixemos un xogo mentres merendabamos no que tiñamos que dicir un nome de animal ou planta que comezase coa nosa inicial. Por exemplo: Alba-avelaína.
Alí, unha experta, tamén nos falou sobre a velutina, a avispa asiática.
Como seguía chovendo, tivemos que meternos un pouco no bus para ler algún fragmento do libro de Wenceslao Fernández Florez "O bosque animado". Para entendelo, as monitoras contáronnos un pouco sobre a vida deste autor.
Ao remate da mañá, fomos ata o observatorio de aves. Nati e Marta sacaron todos os prismáticos e puidemos ver algúns tipos de aves por alí estaban.
Mooolaaaaaaaaaaa!!!
ResponderEliminarMuy completa la actividad, se nota que disfrutaron. Todo lo que tenga que ver con educación medioambiental, aprendiendo tanto a disfrutar como a respetar el entorno natural nunca viene de más!!
ResponderEliminarMuchas gracias por compartirlo!!
Cris Alles