O pasado venres fomos ata Santa Cristina para asistir a unha presentación de instrumentos na Fábrica. Os distintos mestres que alí imparten clases ensináronnos como soaban algúns instrumentos musicais, tanto de corda como de vento.
Na primeira parte representáronnos melodías tanto do século XVII, que interpretaban con perrucas brancas, como actuais...dende Vivaldi a Frozen, pasando por Beethoven e Star Wars!
Logo diso, cada alumno podía probar cada un dos instrumentos. De corda tocaron o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo.
E, como instrumentos de vento, tiñamos o fagot, o clarinete, o oboe (todos eles vento madeira) e a trompeta, o trombón e a tuba/bombardino (de vento metal).
Espero que vos gustara a actividade e, xa sabedes, se estades interesados en aprender máis, podedes inscribirvos para asistir o próximo ano!


No hay comentarios:
Publicar un comentario