domingo, 5 de marzo de 2017

ENTROIDO

En primeiro lugar, quería pedirvos desculpas por ter un pouco esquecido o blogue! Non é por falta de ganas, senón que ultimamente non me queda moito tempo para actualizalo! Eu, coma vós, tamén teño que estudar e seguir formándome así que, este mes, aínda que o vou intentar, non sei se chegarei a todo :)
Chegan tarde pero aquí están! O último día antes das vacacións de Entroido fixemos unha actividade de aprendizaxe cooperativa.  Esta técnica, que empregamos para repasar o exame de Lengua, chámase folio xiratorio. Por equipos, tiñan que ir escribindo palabras con ge/gi, je/ji, gue/gui, güe/güi, nomes comúns e nomes propios. Cada un escribe unha palabra e o folio vai xirando polo equipo seguindo as agullas do reloxo e, en caso de non saber máis, pasamos ao seguinte compañeiro, que terá outra cor de bolígrafo ( sí, xa somos maiores, e algúns xa empregamos bolis para algunhas tarefas)! Así, resulta moi fácil avaliar o exercicio de maneira grupal e tamén de forma individual. 
Tiñades que ver como se axudan entre eles e o atentos que están :)









A froitaría do pobo cedeunos orellas para todos, así que logo do recreo disfrutamos delas ao son dos poemas de Rosalía de Castro. Os alumnos de 6º tiñan unha actuación preparada para todos nosoutros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario