O meu nome é Alba, son mestra de Primaria e, polo momento, con destino provisional. Sinto paixón pola miña profesión, encántanme os nenos e sinto dende moi adentro que a escola tradicional necesita un cambio. Hoxe en día, o mestre é máis un guía que unha fonte de saber, xa que vivimos nunha sociedade avanzada na que a información está ao alcance de todos.
Esta é a principal razón de que decida crear o meu propio blogue. Noutros coles xa tiven blogues cos que me comunicaba coas familias e lles contaba o que facíamos día a día na aula, pero como sempre estou cambiando de centro, este ano tomei a decisión de arriscarme e crear un propio.
Debido á cantidade de traballo que temos durante os primeiros meses, non foi posible comezar antes esta aventura pero agora xa está en marcha e ahí vai!!!!
Polo momento, déixovos cunhas fotos que fixemos fai dúas semanas, nunha sesión coa nai de Rubén (2ºA). Como estamos traballando os alimentos, veu ensinarnos os distintos froitos de outono, cales son propios de aquí e cales son exóticos. Foi moi divertido comer froita todos xuntos, algunha dela nunca a probáramos!
Esta semana tócanos probar a compota de mazá, a ver que rica nos sae ;)
¡Que ben!, os pais agradecémosche moito o esforzo de facelo blog. Encántanos ver o que fan, e nos encantan todas estas cousas que facedes con eles.
ResponderEliminarTemos sorte de ter unha mestra que sinte paixón polo seu traballo e co concepto de cambio que ti tes :-)
Que dure sempre o entusiasmo¡¡ Bicos